Rexistro Actividades Anpa Curso 2022-2023

Rexistro Actividades Anpa Curso 2022-2023
Actualizado Setembro 2022

xoves, 11 de maio de 2017

ENTREGA E COBRO REPORTAXE FOTOGRÁFICA

Dende o Anpa en nome de Huella Digital (Fotografía Escolar) temos o pracer de facerlles entrega da Reportaxe fotográfica realizada a principios de ano cos alumnos/as.
Faise entrega de:

1º TRÍPTICO PORTAFOTOS : Excelentes fotografías de estudo, coidadosamente presentadas e acompañadas por un fotografía de grupo dos compañeiros e compañeiras de clase. Un recordo que vai gañando valor co paso do tempo.E orlas de clase para os alumnos/as de 6 de Infantil e 6º de primaria.






NON EXISTE COMPROMISO ALGUN DE COMPRA QUEDANDO AS FAMILIAS NA LIBERDADE DE ACEPTALAS.

NO CASO DE ACEPTAR A COMPRA DEBEN ENTREGAR O RECIBÍ que se anexa, debidamente cumprimentado e entregar o IMPORTE DE 25 / tríptico (prégase traian o diñeiro xusto) nos días habilitados para ilo no vestíbulo de dirección do centro:

LUNS 15 DE MAIO DE 9:00 a 9:30
MARTES 16 DE MAIO DE 9:00 a 9:30


4º NO SUPOSTO DE NON ACEPTAR A REPORTAXE, DEBERASE ENTREGAR A REPORTAXE (SEN A ROTURA DO PRECINTO) ou ben os días habilitados para o cobro a mesma hora arriba indicados ou entregalo polos cativos ao profesorado, para que sexa recollido pola Anpa antes do día 16 de Maio de 2017.

5º  En todo caso Huella Digital comprométese ao cumprimento da Lei Orgánica de protección de datos



        Na confianza de que o noso traballo resulte do voso agrado, reciban un cordial saúdo
      

8 comentarios:

ANPA CEIP ÁLVAREZ LIMESES dixo...

Boa noite Bea. Creo que estás a empregar a verba "trampa" moi a lixeira e sen valorar a connotación que conleva. Como ven dis, o tema da orla é inherente aos cursos de cambio de ciclo ( 6º de infantil e 6º de primaria) e vai intrinseco a natureza dunha orla dende que esta persoa que che escribe leva formando parte da Anpa de forma activa como directivo. O resto de fotos individuais en diversos formatos e cunha presentación que mellora o feito en anteriores ocasions, non é innecesario, xa que moita xente quere unha foto do grupo de clase. O prezo non o fixa a Anpa senon a empresa que realizou a reportaxe fotográfica, somos libres de consideralo desmesurado o igual que somos libres de non aceptar a compra por ese prezo e devolver as fotos como se fixo sempre. Como ti ven dis , o que non podemos pasar dende a Anpa e que se nos acuse de "utilizar aos cativos, para a venda", primeiro porque é unha interpretacion "malvada e nada acertada" dos intereses e defensa que ista Anpa demostrou e ven demostrando ao longo dos anos polos dereitos e benstar académico e social dos alumnos/as do centro. E segundo porque facer esta afirmación peca de "unha memoria selectiva partidista segundo o interese que nos conveña", posto que a non ser que sexa o teu primeiro ano no centro, ben saberás que iste é o proceder que se realizou en anos anteriores. Expoñer esa cantidade de fotos non é posible espacial nin temporalmente, ademais de que implicaría un traballo altruista a maiores da Anpa e profesorado do centro que non están para facer esa labor nin ten que perder o tempo dos seus directivos. Se non somos quen de marcar as pautas nas familias sobre o que podemos ou non mercar aos fillos por mais insistencia que istes poñan, quizáis o problema de base estea nos nosos fogares e non no reparto das fotos que faga , repito, voluntiariosamente e polo interese final dos cativos o Anpa. Dito isto dende a Anpa queremos deixar netamente claro o igual que outros anos que a compra é total e absolutamnte voluntaria, sen compromiso algún para as familias, e que a empresa cumprirá en todo momento a ley de protección de datos. Lembramos que se algunha persoa quere algún tipo de explicación ao respecto, ao igual que por calquera outra cuestion relacionada coa Anpa, pode pedir unha reunión no teléfono ou email da Anpa e recibirá todas e cada unhas das explicacións que considere oportunas , posto que se algo intentamos actuar nesta directiva e coa maior transparencia e velando polo interese últimos dos cativos. Un saúdo

Elisabeth dixo...

Hola, estou dacordo con Bea.
A maiores dicir que en tal caso o ANPA terá a autorización dos seus asociados pero non te todos os nenos do centro.
Que moita xente queria unha foto de grupo e a ANPA está disposta a xestionarllo... a min paréceme ben pero que metan no saco a asociados e a non asociados o ANPA sen ter os pais unha información precisa do que se vai facer, cando e o custe aproximado xunto con non pedir unha autorización explícita paréceme unha neglixencia terrible, sen contar con que pode vulnerar os dereitos dos nenos.
Isto é un negocio pro fotógrafo, un servicio para certos país, e en ningún caso se pode considerar unha mellora, pois a ANPA debería coidar dos intereses e dereitos dos nenos e non do negocio dunha empresa privada ou dun grupo de país determinado.

Se un pai de cada aula do grupo reclama a destrución do archivo da foto do seu fillo e da copia realizada, o fotógrafo quedaríase sen negocio e a ANPA nun lio se se reclama as reclamacións pertinentes.
¿vos estades totalmente seguro que o que acabades de facer é legal? (en breve o saberemos)

O permiso que nos firmamos a principio de curso é pra promocionar as actividades dentro do centro, como o magosto, dia da paz.... pero non pra facer fotos de estudio.

Un saúdo.

Anónimo dixo...

Ola, boas tardes:

Eu teño un fillo nunha escola infantil da Xunta e o procedemento é exactamente o mesmo, coa diferenza de que é xestionado directamente polo equipo educativo e non pola ANPA polo que deduzo que non existe ilegalidade algunha.

O que si me gustaría é facer unha suxestión: eu preferiría menos cantidade de fotos por un prezo inferior porque a que realmente quero é a foto de grupo.

Un saúdo a todas/os.

Unknown dixo...

Boas tardes, primeiro dicir que non hai ameaza velada, é unha clara explicación de que aínda de que o colexio teña una autorización para sacar fotos en actividades propias do cole, non sei ata que punto iso lle autoriza a sacar unha foto de estudio coma actividade do centro, cando afirmades que o centro non ten nada que ver e que o profesorado non colabora con iso, polo tanto, a ver se vos aclarades, ou é unha actividade do centro ou non o é pero non podedes diciar as dúas cousas o mesmo tempo.

Logo, non sabedes se todos os pais recibiron a circular anterior, xa que no meu caso por exemplo non a recibín nin autoricei a foto.

Ademáis, unha cousa son as orlas de paso de ciclo e outra é a foto de grupo, ¿isto vai ser unha practica normal considerada como actividade do centro para outros anos?
na circular do ano pasa incluían o prezo maís pedían autorización e na deste ano ninguna das dúas cousas, ( e xa digo q non a recibín ma pasaron estes días pra mirala).

Vos non consentides que vos critiquemos pero eu tampoco vouvos permitir que nos insultedes, principalmente deberíades de preguntarvos o porqué non tendes máis participación da que tedes (igual deberíades facer algunha autocrítica), pero bueno tamén é posible que o resto sexamos uns insolidarios egoistas e vos uns comprometidos activistas sociais, pero neste caso moitos opinamos que vos equivocáchedes e metestes a pata, pero bueno se me queredes votar en cara todo o que facedes que eu non "pago" (por non ser do ANPA) pois me parece ben, defeito eu nunca vos critiquei polas vosas actividades xa que non pertenzo o ANPA, nin polo prezo das excursións, nin polo gusto das festas.... nin por nada, tampouco vos critico pola prezo da foto nin polo formato, anque o negociachedes e o mandáchedes polos nenos sen informar do que se ía facer claramente.

o que si vos critico é o feito de que unha empresa privada fotografie os rapaces nun centro plúbico sen autorizacion e información previa a os pai, porque nin o centro nin a ANPA pode xestionar iso.

Esa protección de datos a que fas referencia, refírese a como o fotógrafo vai gardar eses datos pero non fai referencia a os dereitos de imaxe do rapaz que tamén está recollido na protección dos datos que o fotógrafo non pode xestionar xa que é do neno e precisa autorización do seu tutor, dado que é unha actividade con ánimo de lucro para a empresa que o realiza , xa que non é o mesmo a foto do grupo da clase con 5 nenos que con todos, o prezo non sería o menos e os pais non querrian a foto senon está o grupo completo, por esa razón é polo que varios país puxeron a frase de que traía trampa, e outras que foron escritas.

¿Que pensades que pasaría se dende un principio infórmase do prezo e pídese a autorización por escrito? pois xa vos contesto eu, que vos evitaríades estes problemas.

un saúdo.

ANPA CEIP ÁLVAREZ LIMESES dixo...

Boa tarde: Aceptamos sempre e agradeceremos críticas constructivas, feitas con criterio e rigor. Faltaría mais e seria o colmo do desproposito que non sendo socia do Anpa criticase o prezo das excursións, o custo das festas etc...debemos dar explicacións diso e facémolo rigorosamente aos socios en cada Asamblea Xeral Ordinaria anual. Cun centro con 449 alumnos dos cales 376 son socios da Anpa un (83,74%), e cunha asitencia a excursions de entre 55 e 75 chegando incluso a 80 alumnos dos 100 que poden ir a cada excursión convocada, ou encher un barco de 250 persoas e quedar fora xente por temas de aforo, isa e a única participación e respaldo que buscamos e valoramos en grande medida. Para todo o demáis remítimonos ao comunicado oficial da Xunta Directiva publicado no tarde de hoxe.

Unha aperta.

ANPA CEIP ÁLVAREZ LIMESES dixo...

Anónimo dijo...
Ola, boas tardes:

Eu teño un fillo nunha escola infantil da Xunta e o procedemento é exactamente o mesmo, coa diferenza de que é xestionado directamente polo equipo educativo e non pola ANPA polo que deduzo que non existe ilegalidade algunha.

O que si me gustaría é facer unha suxestión: eu preferiría menos cantidade de fotos por un prezo inferior porque a que realmente quero é a foto de grupo.
---------------------------------------------------------------------------------------
Moitas grazas pola tua aportación e información facilitada con respecto ao funcionamento en outros centros públicos.

Transladaremos a túa suxerencia ao novo equipo directivo a partir de Setembro para que que sexa tida en conta de ser viable para o vindeiro curso académico.

Unha aperta




Jose dixo...

¿Seguimos falando das fotos dunha orla ou do asasinato de Kennedy? Eu creo que esta xunta directiva da ANPA fixo unha labor altruista e impagable que redundou en beneficio de todos os nenos, así que porse tan intensos e legalistas ademáis de un pouco infantil, o único que consigue e que ninguén queira facerse cargo de esta labor... ¿ou é que os que critican vanse encargar eles das tarefas que fai a ANPA? Porque a que critica sin ser socia... manda carallo. Se non vos gustan as fotos, non as merquedes e xa está. Vivíde e deixade vivir. Pola miña parte, agradecementos e apertas aos membros da ANPA que tantas cousas fixeron e fan, para que non pensen que solo levan paus pola súa louvável dedicación.

Pablo dixo...

Buenos días! Suscribo 100% lo dicho en el último comentario por Jose.
Muchisimas gracias al ANPA por su labor altruista, desinteresada, y con su mente siempre puesta en el bienestar, mejora y beneficio de nuestros hijos.
Del tema de la foto. Espero que todo esto no sirva para que se deje de hacer algo así. Para mi es un recuerdo que, con el paso del tiempo, se agradecerá enormemente. Tengo 35 años, y me emociono cada vez que veo mis fotos grupales de mi época escolar. Creo que se está haciendo una montaña de un grano de arena. De toda la vida se han realizado este tipo de actividades, y no recuerdo ni un solo problema al respecto, por derechos de imagen, protección de datos, etc.
Un saludo, y millones de gracias a todos los miembros del ANPA por su labor, considero que somos mayoría los padres que tenemos el mismo pensamiento hacia vosotr@s.

Publicar un comentario