Rexistro Actividades Anpa Curso 2022-2023

Rexistro Actividades Anpa Curso 2022-2023
Actualizado Setembro 2022

mércores, 29 de setembro de 2021

COMEDOR E PLAN MADRUGA 2021-2022.

Información sobre o comedor


Informámosvos dos menús e a programación de actividades do comedor escolar e Plan Madruga para este vindeiro curso 2021-2022.




Menús comedor e Plan Madruga

Actividades comedor e Plan Madruga

EN PROCESO.

Ficha de Inscrición

Información do servizo para o curso 2021-2022

O COMEDOR ESCOLAR


 O Comedor Escolar é un servizo educativo, ademais de contribuír á organización da vida familiar, que ofrece o Colexio, e como tal debe marcarse uns obxectivos:
  • Promover e desenvolver hábitos alimentarios saudables
  • Garantir unha dieta que favoreza a saúde
  • Promover hábitos hixiénicos saudables
  • Desenvolver o compañeirismo, o respecto e a tolerancia
  • Conseguir un ámbito físico e social saudable
  • Para conseguir estes obxectivos desenvolveranse unha serie de actividades que terán lugar no propio espazo e tempo de comedor escolar dos distintos ciclos de Educación Infantil e Primaria, atendendo á idade dos alumnos e alumnas.

O NOSO COMEDOR ESCOLAR

O servizo de comedor escolar préstao a empresa que designa para tal efecto a Federación Provincial de Anpas de Pontevedra sendo na actualidade a empresa ARUME é unha empresa galega,a responsable, tanto da subministración da comida propiamente dita coma do persoal que se encarga da atención aos comensais e do persoal que se ocupa da limpeza do office e do comedor. Sabemos cuán importante é a alimentación durante as etapas temperás na vida das persoas: a infancia e adolescencia. En ARUME queremos ir máis aló do servizo convencional e implicámonos punta a punta no proceso, desde a procura do mellor produto local, o transporte e servizo do prato na mesa do comedor escolar, ata o acompañamento e dinamización durante o momento do consumo grazas aos nosos experimentados monitores. Utilizamos as técnicas de calidade e control máis esixentes para garantir a máxima seguridade na elaboración e entrega de todos os nosos menús.
Estes menús son previamente pensados e deseñados por expertos nutricionistas e dietistas coñecedores das verdadeiras necesidades alimenticias que esixen esas temperás idades. Pero en ARUME non só buscamos o equilibrio dos menús, senón que poñemos empeño en que a nosa cociña rezume ?arume? caseiro e os neno/as dos comedores escolares sentan como na casa. Conseguir que a hora da comida dos escolares sexa feliz e proveitosa, forma parte da nosa responsabilidade e supón un pracer para nós


PLAN MADRUGA
Moitas familias necesitan traer os seus fillos e fillas antes do horario lectivo ao colexio. Co fin de dar este servizo, organizouse o Plan Madruga de sete e media a nove da mañá. Este servizo utilízano aquelas familias que por motivos laborais ou por circunstancias persoais necesitan un horario máis amplo.

Preténdese con iso:
  • Dar servizo ás familias, facilitando a conciliación da vida familiar, laboral e escolar.
  • Ofrecer un lugar coñecido e cálido, con persoal cualificado que atenderá aos nenos e nenas, proporcionándolles un ambiente relaxado.
  • Evitar o cambio de lugar ou de persoas nestas horas da mañá.
  • Ofrecer a posibilidade almorzar entre as 8:00 e 8:30 ou ben de completar o almorzo de casa con algún alimento que poidan tomar neste tempo.
O servizo do Plan Madruga préstao a empresa que designa para tal efecto a Federacion Provincial de Anpas de Pontevedra sendo na actualidade a empresa ARUME, a responsable da prestacion deste servizo.


CONDICIÓNS DE PRESTACIÓN DE SERVIZO COMEDOR E PLAN MADRUGA CURSO 2017-2018

No nome de ARUME é un pracer saudarlles e informarlles de que o próximo curso seremos a empresa responsable do servizo de comedor e de madrugadores no seu centro.

Se desexa efectuar a alta para o curso 2021-2022, deberá remitirse o enlace indicado máis arriba. Pregámoslle que a lea atentamente e que firme para expresa-la súa conformidade co Regulamento do Comedor exposto nos centros e coas normas do servizo:

1. Modalidades de contratación dos servizos:

a.) Fixo: Se necesita o servizo uns días fixos da semana. O recibo pasarase entre o 15 e 20 do mes de servizo e as mensualidades serán sempre do mesmo importe, según a táboa de prezos especificada de seguido, e calculadas a partir do nº de días lectivos do curso, dividido entre os 10 meses de servizo.

b.)Calendario de días ou Turno laboral: Se necesita o servizo uns días sen periodicidade semanal (días de calendario) e o sabe con antelación. Deberá informarnos antes do día 25 de cada mes dos días nos que necesitará o servizo durante o mes seguinte. Cobraranse entre o 15 e 20 do mes de servizo polos días contratados.

c.) Esporádico: Se necesitan o servizo días soltos sen posibilidade de planificar. Debe avisarnos o día anterior como moi tarde. Cobraranse os días que correspondan ao mes seguinte do servizo ao prezo esporádico.

2. O teléfono que ARUME ten a disposición dos usuarios é o 607 634 413. O horario de atención é de luns a xoves de 10.00h a 14.00h y de 15.00h a 18.00h, os venres só en horario de mañá. No verán (do 01/07 ó 31/08) só en horario de mañá. En ningún caso se atenderán SMS. Por outra banda, tamén pode contactarnos no noso novo correo electrónico info@arumeservicios.gal. Esta información é importante para nós: lembre que somos os encargados da custodia do seu/súa fillo/a.

3. A petición de alta, baixa ou modificación do servizo (incluíndo o Calendario de días) deberá comunicárnola antes do 25 de cada mes, facéndose efectiva para o mes seguinte. Estas comunicacións NUNCA deberán realizarse a través dos monitores/as. Debe contactarnos no teléfono, fax ou email antes mencionados.

4. Se falta algún dato, a solicitude non será válida. Unha vez cuberta e entregada implicará, salvo notificación en contra e dentro dos prazos anteriormente indicados, a contratación e pago do servizo solicitado. Causará baixa no servizo cando se produza o impago do recibo. Non poderán facer uso dos servizos usuarios con recibos pendentes de pago.

5. ARUME non tén ningunha competencia na asignación e/ou obtención de becas.Non se farán descontos nos recibos mensuais por días de ausencia, salvo que sexan por enfermidade superior a 4 días consecutivos, teñan avisado das ausencias e se aporte o certificado médico.

6. ARUME dispón da páxina web www.arumeservicios.gal onde os usuarios poderán rexistrarse e acceder sempre que o desexen para consultar os menús, os seus datos no noso sistema (información persoal, días de asistencia previstos, facturación,…) e solicitar cambios. Rexistrarse é sinxelo seguindo os pasos en “Darse de alta (Guía)” na páxina web.


HORARIOS DE RECOLLIDA DO COMEDOR:
  • 1ª quenda: 15:30 - 15:45
  • 2ª quenda: 16:10 - 16:30
TELÉFONOS DE CONTACTO:
  • ARUME: 607 634 413
  • FANPA Pontevedra: 986 843 412
 

4 comentarios:

Anónimo dixo...

Agradeceríalles subisen o menu do mes de abril 2017.
Grazas!

El viejo cabrón dixo...

Subide o menú do comedor de maio, porfa. Grazas.

El viejo cabrón dixo...

Pregovos actualicedes o menú de maio. Moitas grazas. Saúdos.

ANPA CEIP ÁLVAREZ LIMESES dixo...

Menus Actualizados a Mes de Maio. Un saúdo

Publicar un comentario