Rexistro Actividades Anpa Curso 2022-2023

Rexistro Actividades Anpa Curso 2022-2023
Actualizado Setembro 2022

martes, 21 de setembro de 2021

ANPA CEIP Álvarez Limeses 2021-2022


A Asociación de Nais e Pais (ANPA) do CEIP Álvarez Limeses está aberta a todas as familias con fillos no Colexio. Aparte de levar adiante numerosas actividades, o ANPA ten a función de canalizar opinións e necesidades, asesorar aos pais e nais, propoñer actividades, e un longo etcétera de posibilidades de actuación para mellorar a educación e formación dos nosos fillos e fillas. Este é o motivo principal polo que pensamos que é importante asociarse e involucrarse no funcionamento da ANPA e do Colexio.


COMPOSICIÓN E FUNCIONAMENTO

O órgano supremo de goberno é a Asemblea Xeral. Reúnese obrigatoriamente unha vez ao ano durante o primeriro trimestre do curso, en outubro ou en novembro, nunha asemblea xeral ordinaria. Normalmente preséntase un informe das actividades do curso anterior e un proxecto de actividades previstas para o novo curso, e apróbanse as contas da Asociación.

Cada dous anos a Asemblea nomea unha nova Xunta Directiva. Na actualidade está composta por Presidenta, Vicepresidente, Secretario, Tesoureiro e nove vogais.


Todos os detalles sobre a composición e o funcionamento da Asemblea Xeral e a Xunta Directiva pódense consultar nos Estatutos da Asociación.





XUNTA DIRECTIVA (SETEMBRO 2021)

PRESIDENTA: Lara Pereira Figueroa.
VICEPRESIDENTA: Joanna Lorenzo Montero.
SECRETARIA: África Martínez Barreiro.
ADMINISTRADORA/TESOUREIRA: Ana Vigo.
VICE TESOUREIRO: Diego Pereira Vázquez.
REPRESENTANTE NO CONSELLO ESCOLAR:  Ana Vigo.

VOCAIS:

Goretti Cabido. 
Teresa Vilas.
Pilar Barroso.
Xosé Iglesias.
Sheila Ferreira.
Silvia Villar.
María González.
Irene Caballería.


COMISIÓNS
:

Actividades extraescolares: Lara Pereira, Goretti Cabido e Irene Caballería Poza. 
Comedor e Madruga : Diego Pereira Vázquez e Teresa Vilas.
Comunicación con institucións e FANPA: Joanna Lorenzo Montero, Xosé Iglesias Muiños , Lara Pereira e Sheila Ferreira Reboredo.
Festexos: Ana Vigo, Silvia Villar Fernández , Joanna Lorenzo, María González Salvatierra, África Martínez , Miriam Raposeiras e Xosé Iglesias . 
Excursións: Silvia Villar Fernández, María González Salvatierra, Miriam Raposeiras Roubín, Teresa Vilas e Lara Pereira.
Administrador TIC´s: Joanna Lorenzo Montero.








ACTIVIDADES E FUNCIÓNS DA ANPA

A ANPA participa co Colexio en arranxos e melloras das instalación do mesmo, que en moitas ocasións non están previstos no seu orzamento. Fai posible as actividades extraescolares, etc. Cun pequeno desembolso anual de cada una das familias conseguimos moitas cousas. Son só 25€. Ademáis, sendo socio da ANPA as actividades extraescolares son máis baratas. Non o penses máis e participa. Só hai que encher un breve formulario e enviárnolo.

Entre outras, a Asociación participa nas seguintes accións:
  • Colaborar con proxectos do Centro, dirección e o profesorado do mesmo.
  • Actividades extraescolares. Colaborando na súa planificación e xestión.
  • Subvención das excursións escolares. Achegando no seu custo de tal xeito que aos socios e socias lles sexan máis económicas.
  • Organización e colaboración co Colexio das festas de Nadal, Entroido e Fin de Curso. Poñendo recursos e traballo para que saian o mellor posible.
  • Intervención no Consello Escolar do Centro. A través dun representante no mesmo que traslada ás reunión os asuntos de interese para familias e alumnado.
  • Mediación co Concello e a Administración en asuntos de interese para a comunidade escolar.
  • Supervisar o funcionamento do comedor escolar e o servizo do Plan Madruga, mediando entre os usuarios, a FANPA e a empresa que presta os servizos.
  • Mediación coa Dirección de Centro para as familias que o soliciten.
  • Comunicación aos socios e socias sobre temas de interese relacionados coa educación e/ou o lecer.
  • A Asociación forma parte da FANPA de Pontevedra, polo que dispón do seu asesoramento, ademáis de información e recursos doutras Asociacións da provincia.



¿COMO FACERSE SOCIO?

Para acceder ás actividades e vantaxes é imprescindible ser socio da ANPA (para estar cuberto polo seguro). Na asemblea xeral ordinaria celebrada o 20 de setembro de 2021 estableceuse unha cota anual en pago único para ser socia/o da ANPA Álvarez Limeses de 25€ por unidade familiar, independente do número de cativos, pero si debe facerse inscrición por cada cativo.


Para asociarse, cubrir o formulario de inscrición co xustificante de trasnferencia o ingreso en conta e depositalo na caixa de correo da ANPA ou enviar por correo electrónico ao enderezo da ANPA.

Para adherirse ao seguro de accidentes individual que a ANPA negocio adxuntamos o formulario , é unha cuota de 10.02€. Trátase dunha cota anual única  por nena/o . 

0 comentarios:

Publicar un comentario