A xunta directiva da Anpa Joaquin Costa do CEIP Álvarez Limeses, quere comunicar a opinión pública o seguinte:
Onte esta Anpa presentou recurso contencioso-administrativo, seguindo o
mandato unánime da Asamblea Xeral Extraordinaria, do 23 de Marzo de 2015,
contra o procedemento e as bases de concesións de subvencións a Anpas e as resolucións
pola que se concede unha subvención a nosa Anpa por parte do Concello de
Pontevedra.
Os principais motivos da presentación deste recurso son:
- A Concellería de Educación do Concello de Pontevedra,
incumpriu as súas propias bases da convocatoria, polo que o procedemento
esta infestado de irregularidades que atañen decisivamente a súa
legalidade. Ademais, as bases, vulneraron
as leis estatal e
galega sobre subvencións. Isto supuxo indefensión (ao non contestar o noso
recurso de revisión), inseguridade xurídica e violación dos principios de
publicidade e igualdade entre outros.
- Non aceptar a rectificación dun erro tipográfico na
solicitude, despois de poñelo en coñecemento das persoas responsables do
procedemento, significa unha resolución inxusta con coñecemento por parte
das mesmas.
Esta Xunta Directiva, quere dunha vegada máis poñer en coñecemento da
opinión publica que os conflitos que estar a ocorrer na educación ( limpeza dos
centros educativos e comedores de Pontevedra, obras no CEIP Froebel, orde de
banco de libros da Xunta de Galicia), denotan que polos dirixentes non se está
a tratar a ensinanza coa consideración que debe ser este sector fundamental
para o país. Cómpre que a sociedade sexa quen de pór o foco no tipo de
educación que queremos ter para mellorar o futuro dos nosos cativos.
A demanda completa pode consultarse en
Pontevedra, 23 de xuño
de 2015
0 comentarios:
Publicar un comentario