Rexistro Actividades Anpa Curso 2022-2023

Rexistro Actividades Anpa Curso 2022-2023
Actualizado Setembro 2022

venres, 20 de setembro de 2013

Circular 3 de 20 de setembro de 2013. Curso 2013-2014: SEGURO DE ACCIDENTES


Circular 3 de 20 de setembro de 2013. Curso 2013-2014.

Nesta circular infórmase das coberturas do seguro individual de accidentes e anexos leva a ficha de inscrición á ANPA e a información da actividade de natación no Centro Budo (para ista actividade deben anotarse aló directamente facendo mención de que son socios da Anpa).

É imprescindible ser socio da Anpa para participar nas actividades extraescolares organizadas por ista (ver folletos da empresa Anias e das piscinas). O terse asociado implica unha serie importante de beneficios para as familias durante todo o curso dende o nivel pedagóxico ao lúdico.

A participación de todas/os é básica no desenvolvemento das capacidades de menores e adultos. Participade na comunidade educativa do Colexio Álvarez Limeses!

SEGURO DE ACCIDENTES
A Anpa negociou un seguro de accidentes individual coa compañía Nationale Suisse ao que pode acceder cada nena/o socio da Anpa nunhas condicións moi vantaxosas.

O seguro custa 6,00 € (pago anual único e por nena/o), 
e é válido até o 1 de outubro de 2014.

Coberturas do seguro de accidentes:



Cubre os accidentes que ocorran durante o periodo lectivo, actividades extraescolares, excursións e traxectos “in itinere”. Todos os accidentes que teñan que ver coas actividades propias do centro escolar, así como as actividades organizadas pola Anpa, excursións, obradoiros e actividades extraescolares. Quedando excluidos únicamente os accidentes acaecidos na vida privada do alumno.


Para contratalo preencha as casillas correspondentes na ficha de inscrición á Anpa. O cobro será a primeiros de outubro xunto coa cota da Anpa mediante domiciliación bancaria ou en efectivo o día que se fixe para tal pago.



 

0 comentarios:

Publicar un comentario