Rexistro Actividades Anpa Curso 2022-2023

Rexistro Actividades Anpa Curso 2022-2023
Actualizado Setembro 2022

venres, 20 de setembro de 2013

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES CEIP ALVAREZ LIMESES 2013-2014




Estimadas/os  familias,nais, pais, titores:

Na Xunta Xeral Ordinaria celebrada o 19 de setembro de 2013 decidiuse que a empresa Anias siga levando a organización das actividades extraexcolares que teñen lugar no centro.

A xestión da empresa Anias inclúe o cobro a través de domiciliación bancaria excepto o mes de Outubro, tal como se indica na folla informativa de Anias. Para comezar as actividades deberase entregar a ANPA a ficha de inscrición debidamente cumprimentada e unha copia de ter feito o ingreso bancario do mes de outubro (ver folla informativa de Anias). A entrega farase no buzón da ANPA ata o venres 26  de setembro de 2013.

  • DATA DE REALIZACIÓN do 1 de outubro de 2013 ao 13 de xuño de 2014.
  • HORARIO DAS ACTIVIDADES De luns a venres de 16:30 a 18:30 horas.
  • INSCRICIÓNS Mediante folla de inscrición que se deixará na caixa do correo da ANPA, vía email extraescolares@anias.es ou na nosa oficina (Rúa Echegaray nº39, Pontevedra),ata o día 26 de setembro e durante o curso no horario das actividades ao monitor/a,por email ou na nosa oficina.
  • COTA (mensual) Ver Programa de actividades, no mes de xuño a cota será a metade. A cota inclúe o prezo da actividade sen material.
  • COBROS As actividades extraescolares cobraranse por medio de domiciliación bancaria, para comezar nas actividades deberán entregar a ficha de inscrición debidamente cumprimentada.
  • BAIXA OU CAMBIO DE ACTIVIDADE Por escrito (solicitar e entregar folla ao monitor/a) e facendo constar o motivo,antes do 20 do mes anterior no que se solicita a baixa ou cambio.
  • Nº DE NENOS/AS POR ACTIVIDADE Grupo máximo: 15/20 nenos/as (en función da actividade) Grupo mínimo: 8 nenos/as.
  • INFORMACIÓN Oficina:Rúa Echegaray nº 39 baixo, Pontevedra.Horario de : 9:30 a 14:00 - Teléfono:986 864 598 Coordinadora: 615 780 528 de 16:30 a 18:30 (Carmela)


Para mais informacion consultar as Circular de Actividades que seguen :

 Horarios Actividades Extraescolares Anias 2013-2014 

 Ficha inscripción Actividades Extraescolares ANIAS CURSO 2013-2014 



ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES FÓRA DO COLEXIO:



Así mesmo, continúase coas actividades extraescolores que viñan tendo lugar na piscina de Campolongo e no Ximnasio Budo:





3 comentarios:

Anónimo dixo...

¿En que número de conta hay que ingresar a cuota das actividades do mes de outubro, pois na folla á que remitides non aparece ou polo menos eu non o atopo? Graciñas.

ANPA CEIP ÁLVAREZ LIMESES dixo...

No impreso ou ficha de Inscripción Actvidades Extraescolares de Anias Curso 2013-2014, non debedes ingresar en ningun numero de conta, soamente reencher no apartado de "Datos Domiciliación Bancaria" dos datos precisos para que mensualmente Anias afectue o cargo correspondente as actividades que apuntedes aos neno/as.

Un saúdo

ANPA CEIP ÁLVAREZ LIMESES dixo...

Para participar nas actividades extraescolares é mester ser membro da Anpa ( ficha de inscrición na Anpa), e deixala na caixa de correo da Anpa.
Todos os documentos poden ser descargados deste mesmo blog.

Grazas

Publicar un comentario