SENDEIRO DA FRAGA DO BARRAGÁN
O noso percorrido terá unha
lonxitude de 4 km aproximadamente que se farán polo sendeiro que percorre as
antigas levadas de auga dos muíños do río Barragán ata o Castro da Cidade, este
camiño conta cun bo firme de terra e sen apenas pendente o que fai que sexa
unha ruta suave e sinxela. O inicio será na aldea de Xunqueiras (Pazos de
Borbén).
O prezo inclúe
os seguintes servizos:
ü Programa de
actividades, visita aos muíños (un deles en funcionamento), percorrido pola
ruta, monitores de tempo libre, actividades ambientais e de animación, viaxe
ida e volta en autobús dende
Pontevedra que sae e chega na
parada da rúa Cobián Areal (lateral
do Hospital Provincial). Hora de
saída: 9:30 Hs.
ü Importante:
os cativos deben levar cadanseu a comida e bebida
ü para
o tentempé de media mañá e o xantar.
DATA: SÁBADO 8 DE XUÑO DE 2013
HORA E LUGAR DE SAÍDA: Rúa Cobián Areal ás 9:30
HORA APROXIMADA DE CHEGADA: Rúa Cobián Areal ás 18:30-19:00
HORA APROXIMADA DE CHEGADA: Rúa Cobián Areal ás 18:30-19:00
0 comentarios:
Publicar un comentario