Rexistro Actividades Anpa Curso 2022-2023

Rexistro Actividades Anpa Curso 2022-2023
Actualizado Setembro 2022

xoves, 13 de setembro de 2012

INFORMACIÓN E HORARIOS ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES CURSO 2012-2013


Na Xunta Xeral Ordinaria celebrada o 19 de setembro de 2011 decidiuse que a empresa Anias siga levando a organización das actividades extraexcolares que teñen lugar no centro.

A xestión da empresa Anias inclúe o cobro a través de domiciliación bancaria excepto o mes de Outubro, tal como se indica na folla informativa de Anias. Para comezar as actividades deberase entregar a ANPA a ficha de inscrición debidamente cumprimentada e unha copia de ter feito o ingreso bancario do mes de outubro (ver folla informativa de Anias). A entrega farase no buzón da ANPA ata o venres 26  de setembro de 2012.

  • DATA DE REALIZACIÓN do 1 de outubro de 2012 ao 14 de xuño de 2013.
  • HORARIO DAS ACTIVIDADES De luns a venres de 16:30 a 18:30 horas.
  • INSCRICIÓNS Mediante folla de inscrición que se deixará na caixa do correo da ANPA, vía e mail extraescolares@anias.es ou na nosa oficina (Rúa Echegaray nº39, Pontevedra),ata o día 26 de setembro e durante o curso no horario das actividades ao monitor/a,por e mail ou na nosa oficina.
  • COTA Ver Programa de actividades, no mes de xuño a cota será a metade. A cota inclúe o prezo da actividade sen material.
  • COBROS As actividades extraescolares cobraranse por medio de domiciliación bancaria, para comezar nas actividades deberán entregar a ficha de inscrición debidamente cumprimentada.
  • BAIXA OU CAMBIO DE ACTIVIDADE Por escrito (solicitar e entregar folla ao monitor/a) e facendo constar o motivo,antes do 20 do mes anterior no que se solicita a baixa ou cambio.
  • Nº DE NENOS/AS POR ACTIVIDADE Grupo máximo: 15/20 nenos/as (en función da actividade) Grupo mínimo: 8 nenos/as.
  • INFORMACIÓN Oficina:Rúa Echegaray nº 39 baixo, Pontevedra.Horario de : 9:30 a 14:00 - Teléfono:986 864 598 Coordinadora: 615 780 528 de 16:30 a 18:30 (Carmela)


Para mais informacion consultar as Circular de Actividades que seguen :

  Información e Horarios Actividades Extraescolares Anias 2012-2013 

 Ficha Inscripcion Actividades Extraescolares Curso 2012-2013 



ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES FÓRA DO COLEXIO:



Así mesmo, continúase coas actividades extraescolores que viñan tendo lugar na piscina de Campolongo e no Ximnasio Budo.Tamén se poderán matricular con prezos especiais en Actividades Extraescolares fora do colexio: como centro Estouche Ben, ximnasio Odisea,… toda esta informacion pode verse en:
 Actividades fóra do Colexio 2012-2013

 Piscina Centro BUDO 2012-2013



Para incribirse na PISCINA MUNICIPAL DE CAMPOLONGO xestionada pola empresa Serviocio é mester efectuar a inscrición e pago o mércores 19 de setembro entre as 9:00 e as 10:00 no vestíbulo de Dirección do colexio. A cota cuatrimestral é de 33,60 €. Por favor traian o diñeiro xusto para non ter problemas co cambio. Seguirase rigorosa orde de inscrición pois se trata de prazas limitadas.
Nese momento debe escoller un horario entre os seguintes:

Día da semana
Hora de inicio

Día da semana
Hora de inicio
Martes
16:30

Xoves
16:30
Martes
17:15

Venres
16:30
As normas desta instalación son especialmente estrictas, sobre todo no que respecta a puntualidade na entrada e recollida de rapazas e rapaces.



Información ANIAS


Oficina:Rúa Echegaray nº 39 baixo, Pontevedra.
Horario de :9:30 a14:00 - Teléfono:986 864 598 
Coordinadora: 615 780 528 de 16:30 a 18:30 (Carmela)



                                                           Recibide un cordial saúdo

0 comentarios:

Publicar un comentario